TERMOS E CONDICIONS

1. Uso dos servizos

Kontax é unha páxina profesional de notas de prensa e non foi deseñada para a publicación de anuncios clasificados, persoais, noticias ou información copiada de calquera forma doutras páxinas web.

As notas de prensa deben estar directamente relacionadas coa actividade de quen a publica, ter un formato que permita que sexan lidas pola prensa e ter un contido de interese válido para os xornalistas profesionais.

O uso da páxina web e os servizos de Kontax (colectivamente denominados “Servizos”) está suxeito a estes Termos e condicións. Kontax é unha marca rexistrada de HTT SAS, cuxa sede central está situada no 216 Route de Neufchatel, 76420 Bihorel, Francia.

2. Lingua dos Termos e condicións

2.1 Só se aplicará a versión en francés dos termos e condicións ós Servizos proporcionados por Kontax. Cando corresponda, Kontax proporcionará calquera tradución da versión en francés dos Termos e condicións proporcionada para a súa comodidade.

2.2 En caso de conflito entre as disposicións da versión en francés e as da tradución, prevalecerán as disposicións da versión en francés.

3. Aceptación dos Termos e condicións

O uso dos servizos constitúe unha aceptación de todos estes Termos e condicións.

4. Prestación de servizos

Vostede admite e acepta que Kontax, no seu propio criterio, poida modificar ou suspender, definitiva ou temporalmente, todos ou parte dos servizos sen previo aviso.

5. Servizos de tradución

5.1 Os servizos de tradución préstanos empresas alleas a Kontax. Polo tanto, a pesar de tomar tódalas medidas posibles para garanti-las capacidades e os requisitos dos provedores, Kontax non será responsable da calidade de ditos servizos.

5.2 No caso de calquera reclamación ou conflito con respecto ós servizos de tradución, o único responsable dese feito será o provedor e a reclamación deberase resolver exclusivamente con tal provedor na forma de acordo proposto por este.

5.3 A relación entre un usuario da páxina web de Kontax e unha empresa de tradución asociada será directa. As relacións contractuais entre as partes regularanse mediante os termos e condicións comerciais da empresa de tradución implicada e as leis que se lle apliquen.

5.4 En aras de respectar a outros usuarios e a calidade do seu contido, Kontax resérvase o dereito de retirar, sen previo aviso, as traducións de terceiros, sempre que non as considere profesionais ou parezan automáticas. Kontax tamén se reserva o dereito de retirar, sen previo aviso, os comunicados de prensa publicados na páxina en versións de idioma incorrectas ou aqueles que considere ofensivos para os usuarios ou empresas de tradución asociadas de Kontax.

5.5 Kontax tamén se reserva o dereito de eliminar as contas dos usuarios que publiquen, en varias ocasións, contido que se considere ofensivo para os usuarios ou para as empresas de tradución asociadas de Kontax. As empresas de tradución asociadas non serán responsables no caso de que un usuario publique no seu país material que un terceiro noutro país considere ofensivo.

6. Uso dos servizos

6.1 Para acceder a certos servizos, vostede deberá proporcionar información persoal (coma a súa identidade e información de contacto), dentro do proceso de rexistro no servizo ou con respecto ó seu uso dos servizos. Toda a información que proporcione para rexistrarse en Kontax será certeira, correcta e actual.

6.2 Usará os servizos só para os propósitos que permitan estes termos e condicións.

6.3 Non realizará ningunha actividade que interfira ou perturbe o correcto desenvolvemento dos servizos.

6.4 Vostede será o único responsable de calquera incumprimento das obrigas que deriven destes termos e condicións, así coma das consecuencias que ese feito ocasionase (incluíndo calquera perda ou prexuízo que sufra Kontax). Vostede acepta expresamente que vostede ou calquera terceiro non responsabilizará a Kontax ó respecto.

7. Seguridade da conta e do contrasinal

7.1 Vostede será o único responsable de mante-la confidencialidade dos contrasinais asociados a calquera das contas que utilice para acceder ós servizos.

7.2 En consecuencia, será o único responsable en todo o que a Kontax se refira, para calquera das actividades realizadas na páxina web de Kontax mediante a súa conta.

8. Datos persoais

8.1 De acordo co artigo 39 e conseguintes da Lei francesa 78-17, do 6 de xaneiro de 1978, modificada en 2004, sobre informática, ficheiros e liberdades, ten dereito a acceder, modificar, corrixir ou elimina-los datos persoais que proporcione a esta páxina web.

8.2 Kontax poderá utilizar os seus datos de acordo cos obxectivos dos servizos.

8.3 Tras completar o formulario para o uso de Kontax, a URL do potencial usuario transfírese á empresa de tradución asociada do país no que se sitúa o usuario. Desa forma, garántese que a empresa de tradución poida verificar que o contido que o usuario pretende publicar na páxina web de Kontax cumpre os requisitos en canto a probidade.

8.4 A pesar de utilizar os seus datos para eses propósitos, Kontax nunca os comunica ou vende a terceiros de ningunha maneira.

8.5 Os usuarios da páxina web de Kontax aceptan que a súa marca e/ou logo se utilice na páxina web para obxectivos comerciais.

9. Contido dos servizos

9.1 Calquera tipo de información (por exemplo, arquivos de datos, texto, software, arquivos de música, son, fotografías, vídeos ou outro tipo de imaxes) á que poida acceder en/ou mediante o uso dos servizos será responsabilidade da persoa que producira o contido. Todo ese grupo de información denomínase “contido”.

9.2 Recoméndase que o contido proporcionado mediante os servizos, incluídos, pero non só, anuncios e contido patrocinado, se protexa con dereitos de propiedade intelectual, polo ben dos anunciantes ou patrocinadores que proporcionan contido a Kontax (ou calquera persoa ou empresa no seu nome). Non pode modificar, alugar, ceder, arrendar, prestar, vender, distribuír ou crear unha ou máis obras derivadas (enteiramente ou en parte) do contido, a non ser que Kontax ou os donos do contido llo permitan expresamente coma parte de outro contrato.

9.3 Kontax resérvase o dereito (aínda que non estea obrigado a exercelo) de previsualizar, revisar, marcar, filtrar, modificar, rexeitar ou eliminar calquera ou todo o contido do servizo.

9.4 Acepta que, polo uso dos servizos, poida estar exposto a contido que poida considerar ofensivo, indecente ou inaceptable. Polo tanto, vostede acepta utiliza-los servizos pola súa conta e risco.

9.5 Vostede será o único responsable do contido que cree, transmita ou mostre mediante o uso dos servizos. Vostede acepta a responsabilidade das súas accións (incluíndo calquera perda ou prexuízo sufrido por Kontax) a ese respecto. Vostede acepta que Kontax non será responsable de vostede ou de terceiros nese respecto.

10. Propiedade

10.1 Kontax será o titular de tódolos dereitos relacionados cos servizos, incluíndo os dereitos de propiedade intelectual (a pesar do territorio ou de se os dereitos están ou non rexistrados).

10.2 A non ser que se acorde doutro modo por escrito con Kontax, ningunha previsión destes termos e condicións lle autoriza a utilizar ningún dos nomes comerciais, marcas rexistradas, marcas de servizo, logotipos, nomes de dominio ou outros símbolos distintivos de Kontax.

10.3 Suxeito ó permiso limitado outorgado no artigo 10, Kontax admite e acepta que vostede ou os seus licenzantes non transfiren nin asignan ningún dereito relacionado co contido (incluíndo tódolos dereitos de propiedade intelectual e a pesar do territorio, estean ou non rexistrados) que vostede envíe, publique ou transmita mediante os servizos. A menos que se acorde doutro modo por escrito con Kontax, vostede será o responsable de protexe-lo contido e de facer cumprir os dereitos de dito contido. Kontax non ten obrigación de facelo no seu lugar.

10.4 Non eliminará, impedirá nin alterará ningún dereito de propiedade intelectual e industrial que se indiquen ou conteñan nos servizos (incluíndo indicacións sobre copyright e marcas rexistradas).

10.5 A non ser que Kontax lle outorgara por escrito o permiso expreso, durante o uso dos servizos, non utilizará ningunha marca rexistrada, nome comercial ou logotipo de ningunha organización ou empresa en condicións nas que poida confundir, de forma intencionada ou non, ó propietario ou usuario autorizado de ditas marcas rexistradas, nomes comerciais ou logotipos.

11. Copyright do contido

11.1 Vostede posúe os dereitos de copyright e demais dereitos con respecto ó contido que envía, publica ou mostra en ou mediante o servizo. Ó enviar, publicar ou mostrar contido, vostede outorga a Kontax un permiso perpetuo, irrevogable, libre de royalties, para todo o mundo e non exclusivo para reproducir, adaptar, modificar, traducir, publicar, representar, mostrar e distribuír calquera contido que vostede envíe, publique ou mostre en ou mediante o servizo. O único cometido dese permiso será que Kontax poida mostrar, distribuír e promover os servizos e poderá ser revocado para certos servizos, tal e como se define nos termos e condicións aplicables a aqueles servizos.

11.2 Este permiso inclúe o dereito de Kontax para facer dispoñible ese contido a outras empresas, organizacións ou individuos ós que Kontax lle abasteza servizos comúns e os utilice conxuntamente coa provisión dos servizos.

11.3 Vostede garantirá que ten os dereitos, o poder e a autoridade necesarios para outorgar o permiso.

12. Rematar a relación con Kontax

12.1 Estes termos e condicións estarán en vigor ata que vostede ou Kontax rematen a súa relación en calquera das formas abaixo indicadas.

12.2 Pode rematar o contrato con Kontax (a) notificándollo en calquera momento e (b) pechando as súas contas para tódolos servizos que utilice, no momento en que Kontax faga dispoñible esa opción.

12.3 Kontax pode rematar o contrato en calquera momento, nos seguintes supostos:

(A) vostede incumpra algunha das previsións dos termos e condicións (ou actúe de maneira que demostre claramente que non pode ou quere respectar as previsións dos termos e condicións) ou

(B) a empresa coa que Kontax prové os servizos remate a súa relación con Kontax ou suspenda a provisión de servizos ou

(C) Kontax estea a punto de suspender a provisión de servizos a usuarios do país no que vostede reside ou desde onde utiliza o servizo.

12.4 Ningunha das previsións deste artigo afectará ós dereitos outorgados a Kontax na sección 4 dos termos e condicións para a provisión de servizos.

12.5 Ó vencer estas condicións, por calquera razón, os dereitos, as obrigas e as responsabilidades nas que Kontax e vostede incorreran, as cales regularon a súa labor (ou vostede adquirira destes termos e condicións) ou deban ser aplicadas máis alá do vencemento dos termos e condicións non se verán afectadas por ese feito.

13. Aviso de exención de garantías

13.1 Os servizos provense "como tal". Por conseguinte, Kontax e os seus asociados non garanten:

(A) que o uso que vostede faga dos servizos cumpra coas súas expectativas;

(B) que o uso que faga dos servizos sexa ininterrompido, oportuno, seguro e libre de erros;

(C) que calquera tipo de información que obteña como resultado de utilizar este servizo sexa precisa ou fiable.

13.2 Non se aplicará ningunha condición nin garantía ós servizos (incluíndo garantías de calidade satisfactoria, idoneidade para un obxectivo específico ou cumprimento da descrición), a non ser que se exprese nesta cláusula e dentro dos límites desta previsión.

14. Limitación da responsabilidade

14.1 Kontax e os seus asociados non serán responsables do seguinte:

(A) calquera dano indirecto ou consecuente, perda de ganancias (sexa directa ou indirecta), perda de boa vontade ou reputación ou perda de datos que puidera sufrir.

(B) calquera perda ou dano que puidera sufrir como resultado dos seguintes:

(i) que calquera dos anuncios, relación ou transacción entre vostede ou algún dos anunciantes ou patrocinador cuxo anuncio apareza nos servizos sexa incompleto ou inexacto;

(ii) calquera cambio que Kontax faga nos servizos ou por cese permanente ou temporal dos servizos (ou calquera característica dos servizos);

(iii) que se borre, se corrompa ou falle o almacenamento dalgún contido e outras comunicacións ou datos mantidos ou transmitidos mediante o uso dos servizos;

(iv) a súa incapacidade para proporcionar a Kontax información exacta sobre a súa conta;

(v) a súa incapacidade para mante-la seguridade e confidencialidade do seu contrasinal e a información da conta.

15. Banners

15.1 Algúns dos servizos que prové Kontax fináncianse con publicidade, polo que pode mostrar anuncios e promocións.

15.2 Os termos e o ámbito dos anuncios que Kontax publique nos servizos poderán cambiar sen previo aviso.

15.3 En consideración do acceso e o uso dos servizos que proporciona Kontax, vostede acepta que Kontax utilice esas formas de publicidade.

16. Outro tipo de contido

16.1 Os servizos poderán conter hipervínculos a outras páxinas web, contido ou recursos en Internet, sobre os cales Kontax non exerce ningún tipo de control.

16.2 Kontax non será responsable da dispoñibilidade desas páxinas web ou eses recursos externos e Kontax non promociona ningún dos anuncios, produtos ou materiais neses sitios ou dispoñibles desde os mesmos.

16.3 Kontax non será responsable de calquera perda ou dano que poida sufrir dada a dispoñibilidade deses sitios ou recursos externos ou pola falta ou a inexactitude nos anuncios, produtos ou elementos dispoñibles en tales sitios ou recursos.

17. Cambios nos Termos e condicións

17.1 Kontax poderá modificar os Termos e condicións en calquera momento e sen previo aviso.

17.2 No caso de que utilice os servizos despois dun cambio nos termos e condicións, ese uso suporá que acepta as modificacións.

18. Xeral

18.1 O uso dos servizos pode implicar que, mediante os servizos ou polo uso dos mesmos, utilice un servizo, descargue software ou compre un produto dun terceiro. Pode que o uso que faga deses servizos, software ou bens estea suxeito a outras condicións entre vostede e a empresa ou o individuo provedor. Nese caso, estes termos e condicións non afectarán á súa relación con aquela empresa ou individuo.

18.2 Estes Termos e condicións constitúen un contrato entre vostede e Kontax e regulan o uso dos servizos.

18.3 Pode que Kontax lle envíe notificacións, incluso sobre cambios nos Termos e condicións, mediante correo electrónico ou mensaxes publicadas nos servizos.

18.4 O feito de que Kontax non exerza ou renuncie a exercer calquera dos dereitos ou reparacións indicados nestes termos e condicións (ou que Kontax poida exercer segundo a lei aplicable) non supón a renuncia de Kontax a exercer o dereito ou remedio en cuestión. Ditos dereitos e remedios estarán dispoñibles no futuro.

18.5 No caso de que calquera das previsións destes Termos e condicións se declarase sen validez legal por un xulgado con competencia xurídica, cesarase a aplicación desa previsión, sen que iso afecte ás demais previsións que permanecerán en vigor.

18.6 Acórdase expresamente que as empresas de tradución asociadas a Kontax se consideren terceira parte beneficiaria dos termos e condicións. Ditas empresas estarán autorizadas para facer cumprir e depender de calquera previsión dos termos e condicións que lles confira algún beneficio (ou dereito). Nese respecto, ningunha outra persoa ou empresa será terceira parte beneficiaria dos termos e condicións.

19. Lei reguladora

Ó utilizar os servizos de Kontax, vostede acepta que estes Termos e condicións se regulen mediante as leis de Francia. Calquera disputa xurdida baixo estes termos e condicións será competencia do Xulgado de Rouen, en Francia. Independentemente do anterior, Kontax poderá solicita-la concesión de algunha medida provisional, requirimento xudicial ou calquera outro procedemento de urxencia en calquera xulgado con competencia xurídica.


Cambie o mundo
mediante a información

Patrocine o comunicado da súa ONG con Kontax